•O Concello comeza esta nova quenda de arranxos en Alexandre Bóveda, Eduardo Pondal e Duquesa de Alba
• O pasado 16 de outubro, iniciáronse novos traballos de mellora en varias rúas de Monforte. Duquesa de Alba, Alexandre Bóveda e Eduardo Pondal son as primeiras rúas nas que se está a traballar, nun proxecto que continuará noutras zonas da cidade, como a rúa do Conde e a Estrela.
MELLORA DO ASPECTO DA CIDADE, QUE SERÁ MÁIS ATRACTIVA PARA O TURISMO
Segundo explicou o alcalde de Monforte, José Tomé, con estas tarefas “imos conseguir unha mellora importante do aspecto da cidade, así como da calidade urbanística”. Tomé insistiu en que “o resultado dos traballos tamén vai ser positivo de cara ao turismo”, porque “imos ser moito máis atractivos para a xente que decida visitarnos”.

127.000 EUROS PARA ARRANXAR A RÚA DUQUESA DE ALBA
O rexedor local explicou o detalle das obras, que serán de especial relevancia na rúa Duquesa de Alba. “Hai máis de 40 anos que non se fixo ningunha obra de mellora aquí”, explicou Tomé. O alcalde sinalou que os traballos dan resposta ás demandas dos veciños “dunha rúa moi céntrica e que soporta un importante volume de tráfico”. Os arranxos mellorarán tanto o firme como as beirrarúas, mantendo os pasos de peóns, e engadindo un novo no cruce con San Lázaro. O importe de licitación ronda os 127.000 euros, cifra que o alcalde considera “un investimento moi importante”.

SEGUE A MELLORA INTEGRAL DOS VIAIS DA FLORIDA
Pola súa banda, no barrio da Florida continuará a rehabilitación integral dos viais, neste caso co arranxo das rúas Alexandre Bóveda e Eduardo Pondal. As obras consistirán na mellora do firme con aglomerado en quente, especialmente necesario no vial de Alexandre Bóveda, como apuntou o alcalde, xa que nunca se asfaltara. O proxecto, que abrangue unha superficie de máis de 5.600 metros cadrados, inclúe a sinalización horizontal, que tampouco existía.
Tomé lembrou que o Concello vén de renovar o firme nas rúas Calvo Sotelo, Real, Valle Inclán, Arosa, Benito Vicetto e Malvarón. “Cos novos traballos en Alexandre Bóveda e Eduardo Pondal, o barrio da Florida experimentará unha renovación integral”, apuntou. O rexedor lembrou que “xa son historia as fochancas permanentes da Florida aos dous lados da vía do tren”.
O Concello de Monforte financia con fondos propios os 58.195 euros deste proxecto.•