• O pasado 11 de outubro, quedou inaugurada en Monforte de Lemos a exposición “Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Mathilda Anderson en Galicia”, no Espazo + 60 de Afundación. A mostra, que recolle 70 imaxes do día a día da Galicia profunda na década de 1920, está aberta ao público ata o 5 de novembro.
ENCARGO DA HISPANIC SOCIETY DE NOVA YORK EN 1924
As fotografías incluídas na exposición son o resultado da viaxe de investigación realizada en Galicia pola fotógrafa Ruth Mathilda Anderson, por encargo da Hispanic Society de Nova York. Anderson elaborou este traballo de 1924 a 1926, co obxectivo de tomar imaxes para nutrir o arquivo fotográfico desta institución sobre a arte e a cultura do mundo hispánico. Anderson captou así as primeiras imaxes fotográficas da vida das xentes de Galicia, sobre todo dos habitantes de áreas de difícil acceso.

EXPOSICIÓN ITINERANTE POR VARIOS PUNTOS DE GALICIA
A mostra sobre o traballo de Ruth Mathilda Anderson na Galicia profunda dos anos 20 puido verse xa nas localdiades de Vilagarcía de Arousa, Riaxo, Ribadeo e Lalín. A exposición forma parte do proxecto Corrente Cultural, promovido por Abanca e Afundación, para difundir a cultura por toda Galicia, máis aló das sedes institucionais desta corporación, situadas nas grandes cidades.

HORARIO DA MOSTRA
A exposición pode verse de luns a venres de 10 a 13 horas, e de 16 a 20 horas. •