Os 6 GDR da provincia de Lugo xestionarán preto de 3 millóns ata finais de 2018

Intervención da conselleira de Medio Rural no seminario Desenvolvemento Rural Leader, celebrado en Lugo a finais do mes pasado. GPXG

Así o anunciou a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, na clausura dun seminario sobre Desenvolvemento Rural Leader, celebrado na capital lucense a finais do mes pasado. Con esta data, levábanse aprobados un total de 50 proxectos con cargo a estes fondos. As iniciativas, que xa contan co visto bo dos GDR lucenses, están relacionadas co sector agrícola e forestal, servizos sociais, promoción empresarial e aspectos de promoción cultural e turística. Vázquez apuntou que está previsto aprobar máis proxectos nos vindeiros meses.
A conselleira salientou que o obxectivo do programa europeo Desenvolvemento Rural Leader é que o agro se perciba como unha «oportunidade real de vida e de emprendemento». Vázquez salientou que, nesta liña, o Leader supón «unha ferramenta básica» para dinamizar o rural, facilitar o acceso das mulleres á vida laboral, co conseguinte paso adiante na igualdade de xéneros.  Neste sentido, a conselleira apuntou o feito de que o programa europeo teña en conta especialmente aos proxectos que primen a conciliación da vida familiar e laboral. Vázquez salientou o bo número de iniciativas do Leader para ofrecer servizos de garderías ou de centros de día no rural, cos que mellorar a calidade de vida dos seus habitantes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As parroquias de San Xoán de Loio e Cortes contarán cun novo sistema de abastecemento

Seguinte Nova

A campaña de vacinación contra a gripe comeza o 23 de outubro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss