A Deputación colabora coa Federación de Veciños de Lugo, que reúne a máis de 250 colectivos

O titular da Deputación e a alcaldesa de Lugo asistiron á sinatura coa Federación de Veciños de Lugo. GPDL

A Deputación de Lugo vén de asinar este mes un convenio de colaboración coa Federación de Veciños de Lugo, entidade que presta servizos a 257 asociacións de toda a provincia, e que representan a máis de 20.000 veciños. Segundo explicou o presidente da Deputación, Darío Campos, con este convenio, por importe de 30.000 euros, o organismo provincial «renova  o seu compromiso cos veciños lucenses». A Federación ofrece servizos de asistencia técnica aos colectivos veciñais da provincia.
Pola súa banda, o presidente da Federación, Jesús Vázquez, agradeceu o apoio da Deputación, e insistiu na importancia de que o organismo provincial siga «reforzando os programas de mellora do rural», como os arranxos de traídas de auga ou de camiños, «que son de vital importancia» para a calidade de vida dos veciños.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta explicou en Monforte as axudas aos afectados polos incendios

Seguinte Nova

Constituída en Chantada a Mesa local contra a violencia de xénero

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: