•Dous profesionais axudan aos afectados a tramitar expedientes cos servizos centrais da Consellería, evitándolles desprazamentos •Tamén dan información sobre as axudas no caso da perda da vivenda por impagos
Balseiro precisou que esta iniciativa forma parte do programa Reconduce, no que participan un total de cinco departamentos autonómicos. Ademais, implica a organismos como o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Federación Galega de Municipios e Provincias, en virtude do convenio que suscribiron coa Xunta de Galicia para aplicar medidas de protección ante os desfiuzamentos.
RESPOSTA «ÁXIL E ADECUADA A CADA CASO»
No anuncio da posta en marcha en Lugo da oficina do programa Reconduce, José Manuel Balseiro destacou a intención da Xunta de «ofrecer un servizo próximo ao cidadán, que proporcione unha resposta áxil e adecuada a cada caso». Trataríase de «poñer freo ou, cando menos, ofrecer alternativas á cidadanía» nunha situación que Balseiro cualificou de «drama».•
•Entrega dunha vivenda social á familia de Monforte afectada por un incendio en setembro
• A finais de outubro, a Xunta entregou unha vivenda en Monforte á familia que perdera o seu fogar nun incendio ocurrido en setembro. O delegado da Xunta en Lugo foi o encargado de formalizar a entrega das chaves aos novos usuarios destas vivenda de promoción pública. O inmoble, que foi adxudicado de xeito directo na modalidade de aluguer, ten unha superficie de algo máis de 78 metros cadrados, con catro dormitorios, cociña, baño e comedor.•