A Xunta explicou en Monforte as axudas aos afectados polos incendios

Balseiro explicou en Monforte os detalles das achegas. GPDTL

• O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou en Monforte os detalles das axudas que está a poñer en marcha o Executivo galego, destinadas aos afectados pola vaga de lumes do pasado mes. A principal novidade é, segundo explicou o delegado, que Medio Rural anticipará ata o 50% do importe das axudas, co fin de que os afectados poidan dispoñer «canto antes» destes fondos e atender os gastos da reparación de danos.
Balseiro lembrou as diversas liñas de axudas, que inclúen, por unha banda, as que Medio Rural destina a explotacións agrogandeiras para compensar perdas na produción agrícola, animais mortoso u colmeas destruídas, e tamén os gastos derivados da alimentación complementaria precisa para o gando. As explotacións tamén poderán optar a axudas para reparar danos en maquinaria ou infraestruturas, como pistas forestais ou captacións de auga, entre outros. Por outra, hai axudas para a recollida de madeira con destino comercial e non comercial, en diversas modalidades.
A estas liñas hai que sumar, segundo lembrou Balseiro, os 10 millóns en axudas directas que o Goberno galego destina para danos en montes, estradas e espazos baixo competencia autonómica.
Toda a información sobre axudas pode obterse no teléfono gratuíto 900 815400, operativo todos os días da semana de 8 a 22 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte executa nunha soa anualidade os fondos para camiños rurais

Seguinte Nova

A Deputación colabora coa Federación de Veciños de Lugo, que reúne a máis de 250 colectivos

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss