Completadas as melloras na pista exterior de tenis e patinaxe do Saviñao

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, supervisou o resultado das obras cofinanciadas co Concello, xunto ao alcalde e o tenente de alcalde do Saviñao, o mes pasado. GPXG
• As instalacións deportivas municipais do Saviñao contan con espazos renovados, en virtude dun convenio entre a Xunta e o Concello. O mes pasado, quedaban completadas as melloras na pista exterior de tenis e patinaxe, cun investimento de algo máis de 19.000 euros.
COFINANCIADO ENTRE A XUNTA E O CONCELLO
Segundo explicou a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, na visita que realizou ao Saviñao para supervisar as obras, o departamento autonómico aportou 15.000 euros para estes traballos, e o Concello os outros 4.222 euros.
Marta Míguez destacou no Saviñao a importancia da coordinación entre institucións «para acadar un mapa de infraestruturas deportivas renovado, e que cubra á perfección as necesidades da cidadanía».
MÁIS DEPORTE, MÁIS SAÚDE
A secretaria xeral para o Deporte afirmou o compromiso da Xunta para continuar colaborando na mellora das instalacións deportivas públicas. Míguez salientou que estas medidas contribúen a fomentar a prática deportiva dos cidadáns, coa conseguinte mellora para a súa saúde. En 2017, a secretaría xeral para o Deporte destinou 2.425.570 euros á construción e arranxo de instalacións deportivas en Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Korbis Gonzalo Seguros pisa con forza nas diferentes categorías

Seguinte Nova

A Xunta abre en Lugo unha oficina para atender ás persoas en risco de desfiuzamento

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: