O día 7 quedou constituída en Chantada a mesa local interinstitucional contra a violencia de xénero. Segundo explicou a secretaria de Igualdade, a mesa busca mellorar a detección precoz dos casos e a coordinación institucional, dar atención áxil e eficaz ás vítimas e mellorar a súa protección. Tamén trata de concienciar á poboación en xeral contra a violencia de xénero.•