Dúas medallas para os deportistas do Neka coa selección galega de Taekwondo

•O monfortino Alejandro Fernández, do Escola Lucense, acadou o ouro na súa categoría

Parte da expedición do Neka, con outros membros da selección galega que asistiron ao Open de Navarra. (Foto cedida).
• O taekwondo monfortino vén de completar un destacado papel coa selección galega no Open Cidade de Pamplona, disputado na capital navarra o 21 de outubro. Tres deportistas da cidade do Cabe aportaron medallas ao palmarés autonómico, de xeito que Galicia rematou gañadora na clasificación xeral detécnica e freestyle. A nivel individual, Alejandro Fernández, do Escola Lucense, foi ouro en categoría cadete, e polo Neka, Álex Camba sumou un bronce á súa exitosa traxectoria, cunha actuación «fantástica», en palabra do técnico da selección e adestrador do Neka, José Mª Vega. Pola súa banda, Elena Varela deu un paso máis no palmarés de freestyle, logrando unha medalla de prata.
Na modalidade de parellas, Camba e Varela remataron a proba nun interesante quinto posto que, ao lograr podio unha parella de Portugal, permite que os de Monforte poidan sumar un punto no ranking da selección española.
A presenza monfortina na selección galega completouse con Carlos Rey e José Roca, cunha boa actuación que non bastou para pasar ronda.
250 DEPORTISTAS COMPETIRON EN QUIROGA
Xa a comezos de novembro, tivo lugar en Quiroga a Copa Deputación de Taekwondo, puntuable para a proba autonómica. A cita reuniu na capital quiroguesa a preto de 250 deportistas dos 8 clubes lucenses. Dos 53 competidores do Neka, lograron o pase 47, que disputarán a Copa Xunta en Teo o vindeiro 18 de novembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Preto de 3,5 millóns de euros provinciais en convenios de impulso á gandeiría

Seguinte Nova

Ucoga Seguros CB Chantada: de la pesadilla a la ensoñación en dos meses

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss