• O pasado 21 de outubro, tivo lugar a inauguración do novo local social da parroquia de Sindrán, no municipio de Monforte de Lemos. O edificio, situado no lugar de Eirexe, conta cunha superficie de 114 metros cadrados, dos que algo máis de 78 corresponden á sala de reunións. Os restantes 18 metros inclúen o porche de acceso ao local.
SINDRÁN, DAS PARROQUIAS MÁIS POBOADAS E CON GRAN ACTIVIDADE VECIÑAL
O alcalde de Monforte, José Tomé, e membros da corporación asistiron á festa de inauguración. O rexedor explicou que o local «vén cubrir unha carencia que existía», e cualificou esta obra de «indubitable interese público», porque dará un servizo aos numerosos veciños de Sindrán. Esta parroquia, situada na periferia do municipio, é unha das que conta con maior poboación no municipio, cunha importante actividade veciñal.
O alcalde de Monforte insistiu na importancia deste tipo de dotacións, que melloran a prestación de servizos no rural e contribúen á dinamización social «ofrecendo un espazo de reunión para todos os veciños».
O investimento no novo local de Sindrán foi de algo máis de 76.200 euros.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
A Asociación Veciñal do Saviñao solicitou á Deputación de Lugo a reparación de dúas estradas provinciais
A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No
Unha vintena de representantes dos diferentes concellos desde Ponferrada a Santiago reúnense en Chantada para impulsar
A Asociación Veciñal do Saviñao, representada pola súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, solicitou á Alcaldía un
A Asociación Cosmética Galega (ACG) comeza o seu camiño co impulso de vinte e dúas empresas