Julia Rodríguez demandou ante Paradores que acondicionen a contorna do edificio de Monforte

•A portavoz do PP municipal agradeceu «o compromiso e a boa disposición» deste organismo • Paradores prevé realizar os traballos «na maior brevidade posible»

A voceira do Grupo Municipal do Partido Popular, Julia Rodríguez. Arquivo EC
• A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Monforte, Julia Rodríguez, vén de tramitar ante Paradores de España unha solicitude para que a empresa pública limpe as fincas que rodean o Parador de Monforte, ademais de realizar diversas tarefas de mantemento.
O PARADOR DE MONFORTE, «UN REFERENTE NO TURISMO DA RIBEIRA SACRA»
Rodríguez contactou a finais de outubro coa presidenta de Paradores de Turismo de España, Ángeles Alarcón, para trasladarlle «a urxencia» de acometer a eliminación da maleza que enche as fincas arredor do edificio situado no Monte de San Vicente, «un dos monumentos referente para o turismo na Ribeira Sacra».
CRÍTICA AO EQUIPO DE GOBERNO LOCAL
A voceira do PP en Monforte agradeceu a Alarcón o seu «compromiso e boa disposición», xa que a presidencia de Paradores prevé realizar estos traballos «na maior brevidade posible», segundo explicou Rodríguez. A portavoz popular sinalou que o estado das fincas lindantes co Parador non se puido valorar ata que o Concello non procedeu a limpar a muralla, tarefa que se fixo «trala presentación de varias iniciativas do PP contra as que votou o alcalde e o seu equipo de Goberno».
Neste sentido, Julia Rodríguez lembrou a necesidade de completar a limpeza da Muralla nos tramos nos que aínda non se actuou, e que son responsabilidade do Goberno local.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Recoñecementos institucionais ás iniciativas do Colexio La Merced de Sarria e ao IES A Pinguela de Monforte en prol da cultura galega

Seguinte Nova

Inaugurado o novo local social da parroquia monfortina de Sindrán

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

     
A %d blogueros les gusta esto: