•O Concello de Monforte instalou dúas rampas para facilitar o paso a persoas con discapacidade ou a carriños infantís
• Os usuarios do parque infantil da Compañía en Monforte dispoñen dun mellor acceso ás instalacións, logo de que o Concello colocara dúas rampas neste espazo. Segundo explicou o alcalde, José Tomé, con esta actuación mellórase a entrada ás dúas zonas deste parque, facilitando o acceso a persoas con discapacidade e tamén aos carriños de bebé. A medida forma parte das accións para eliminar as barreiras arquitectónicas que, segundo o alcalde, ten comprometidas o seu equipo de Goberno.
Tomé lembrou que xa se tiña mellorado a iluminación nesta zona, para que o parque se puidera utilizar nas últimas horas da tarde durante os meses de inverno. O rexedor precisou que un mellor alumeado axuda a incrementar a seguridade na contorna.•
Piden melloras na accesibilidade de espazos en Monforte
A iniciativa, que foi secundada polas concelleiras non adscritas Alicia Cadarso e María Xosé Vega, ademais do concelleiro Víctor López Mateo, pon especial fincapé nos accesos ao estadio da Pinguela, unha das intervencións que consideran «máis urxentes».
Os promotores desta iniciativa propoñen ao equipo de Goberno que elabore un inventario dos espazos municipais que precisen melloras na accesibililidade, «para ir actuando a medida que existan os recursos necesarios».
Pilar López pediu ao Goberno local que «estea atento» ás axudas convocadas por outras administracións para poder financiar este tipo de obras.•