
• O Goberno local de Monforte ten en marcha os traballos de acondicionamento de 7 pistas en parroquias, cofinanciadas polo Concello e AGADER.
Segundo explicou o alcalde, José Tomé, decidiuse agrupar nunha soa anualidade os 83.000 euros que este organismo dependente da Xunta destinou a Monforte para o periodo 2017-2018. «Reduciron nun 60% os fondos respecto ao ano pasado, cando a aportación para 2016 foi de 100.000 euros», explicou o rexedor local. Tomé precisou que era mellor executar todo este ano, porque eses cartos «son claramente insuficientes para as necesidades que hai no rural».
As obras mellorarán media ducia de pistas nas parroquias de Bascós, Sindrán, Seoane, Piñeira, Guntín e Marcelle, así como outra na periferia de Monforte, cun total de 5,5 quilómetros. En tres destas actuacións, aplicarase zahorra por tratarse de accesos a fincas agrogandeiras, e no resto dos camiños, que dan entrada a núcleos, aplicarase asfalto.
O alcalde explicou que as obras teñen un custo de 89.221,77 euros, dos que o 80% se afronta cos fondos de AGADER, e o 20% restante apórtao o Concello.•