O Círculo Saviñao continúa como referente dinamizador da comarca de Lemos

•Conferencias, teatro e música, ademais de exposicións de arte durante os meses de outono, seguen a facer desta asociación un dos referentes máis dinámicos da comarca de Lemos

Membros do grupo Teatreir@s de Monforte, ao rematar a posta en escea de O Avaro, no Auditorio Municipal de Escairón, dentro do programa Teatro de Outono no Círculo Saviñao. (Foto cedida).
• As propostas do Círculo Saviñao para os meses de outono inclúen aspectos lúdicos, participativos e de actualidade. O programa sitúa a esta asociación recreativa como un dos referentes máis importantes da dinamización sociocultural da comarca de Lemos.

 

Cheo absoluto no Círculo Saviñao para escoitar a conferencia que Encarna Amigo e Isabel Castro ofreceron o 20 de outubro sobre a reforma da Lei de Saúde de Galicia. (Foto cedida).

LEI DE SAÚDE
Ao remate do mes de outubro, a actualidade centrou o foro do Círculo Saviñao. Cunha sala abarrotada de xente, o día 20 tivo lugar unha conferencia sobre a reforma da Lei de Saúde de Galicia, a cargo de Encarna Amigo, reumatóloga no Hospital Universitario de Lugo (HULA) e deputada autonómica do Partido Popular, e Isabel Castro, directora de Enfermería do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos. As relatoras gabaron o carácter participativo desta reforma, e a súa adaptación á realidade social da Comunidade. Amigo e Castro cualificaron de «alarmistas» moitas das declaracións realizadas nos últimos meses en relación ao futuro da Área Sanitaria de Monforte, xa que, segundo afirmaron no seu relatorio, a nova lei non vai supoñer perda de servizos para os pacientes. As relatoras insistiron en que o texto legal que se está a preparar suporá unha «importante mellora», xa que se poderá dispoñer dos servizos dos especialistas da Área de Lugo, entre outros.

 

O grupo chantadino Faro Miño puxo en escea, o 5 de novembro, a obra «Langreira de Amor», escrita por Amelia Ledo e María Xesús Danoz, baixo a dirección de Ramón Rodríguez Porto. (F.cedida).

 

A continuación, actuaron as rapazas do Girl Talk Sunsets, tamén de Chantada, cunha coreografía de gran actualidade. (Fotos cedidas).
TEATRO DE MONFORTE E CHANTADA
Xa no aspecto lúdico, o Círculo Saviñao continúa co ciclo Teatro de Outono, con especial atención aos grupos de teatro afeccionado. No Auditorio Municipal de Escairón, a formación monfortina Teatreir@s, dirixida por Paqui Abeledo, puxo en escea unha adaptación de O Avaro, un clásico de Molière que pon de manifesto os desastres derivados dun malsano amor polos cartos. Xa en novembro, abriu a carteleira do mes o grupo chantadino Faro-Miño Teatro, coa representación da obra Langreira de Amor, escrita por Amelia Ledo Vence e María Xesús Danoz, e dirixida por Ramón Rodríguez Porto. Ao remate, actuaron as rapazas do Girl Talk Sunsets de Chantada, cunha coreografía sobre temas xuvenís.
A música sempre ten un bo acomodo no programa cultural do Círculo Saviñao, nesta ocasión da man de Joxean Orbegozo, que trouxo a Escairón o seu Lorca de Amor Live Tour.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Inaugurado o novo local social da parroquia monfortina de Sindrán

Seguinte Nova

Acordo para promocionar o Xeoparque Montañas do Courel cun vídeo feito a vista de dron

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss