•O pasado 23 de outubro, co gallo da celebración do Día Internacional da Biblioteca, o colectivo Lemos Le organizou un roteiro por Escairón na honra de Balbina López Somoza.
Esta veciña do Saviñao foi a primeira colexiada en Farmacia que rexentou a súa propia botica neste municipio, ademais de exercer como primeira inspectora farmacéutica municipal. Estes datos figura na placa descuberta no edificio que acolleu a farmacia de Balbina, e coa que o Concello do Saviñao quixo sumarse á homenaxe á súa figura, protagonista do IV Certame Mulleres de Lemos.
A xornada culminou cunha cea de confraternidade, na que se entregaron os premios desta edición do Certame. Os gañadores foron Víctor Domínguez en Banda Deseñada, e María Isabel Fernández García na categoría de Divulgación.•