O Korbis Gonzalo Seguros pisa con forza nas diferentes categorías

•O cadete masculino estreou tempada con dúas vitorias, e o infantil feminino mantense invicto na quinta xornada

O equipo cadete masculino do Korbis Gonzalo Seguros. (Foto cedida)
• O Korbis Gonzalo Seguros está a iniciar esta tempada con éxitos nas diversas categorías. A formación monfortina acumula vitorias nas primeiras xornadas, cun equipo invicto, o cadete masculino, e un confortable liderato das xogadoras infantís, logo de cinco triunfos consecutivos.
As xogadoras do Korbis Gonzalo Seguros infantil saúdan ás rivais nun partido disputado na Pinguela. (Foto cedida)
CÓMODAS VITORIAS DOS CADETES
O cadete masculino do Korbis Gonzalo Seguros, adestrado por Óscar González e Ana Álvarez, estreouse en liga gañando en San Sadurniño ao Aldebarán Sansa. Segundo explicou González, o encontro apuntaba ser cómodo, gañando os monfortinos os dous primeiros sets, pero un exceso de relaxación puxo en perigo o triunfo, rematando cunha agónica vitoria para o Korbis no terceiro set.
O dominio dos cadetes na liga demostrouse no segundo partido, cunha ben cómoda vitoria en Cangas ante o colista. Óscar González destacou o bo ambiente e o xogo limpo que primou no encontro.
Pola súa banda, as infantís do Korbis asinaban a finais de outubro a súa cuarta vitoria, o que as situaba no coliderato da liga galega xunto ás fortísimas Calasancias, en palabras de Roberto Castro, o adestrador do equipo monfortino. A pesar dun mal partido, Castro salientou a importancia desta vitoria, que foi seguida doutro éxito fronte ao Teis, nun partido moi disputado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Constituída en Chantada a Mesa local contra a violencia de xénero

Seguinte Nova

Completadas as melloras na pista exterior de tenis e patinaxe do Saviñao

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: