Preto de 3,5 millóns de euros provinciais en convenios de impulso á gandeiría

Darío Campos visitou as instalacións da Granxa Gayoso Castro, onde se construirá o Centro Experimental de Leite. GPDL

• A finais de outubro, a Deputación de Lugo aprobou en Xunta de Goberno un convenio de colaboración entre o organismo provincial e a Universidade de Santiago de Compostela para construír a Granxa Experimental do Campus Terra nas instalacións da Granxa Gayoso Castro. A nova nave supón un investimento de 1,3 millóns de euros por parte da Deputación, dos que 670.000 euros incorporáronse aos orzamentos en curso, e os restantes 634.000 irán con cargo ás contas do vindeiro ano. Pola súa banda, a Universidade achegará outros 700.000 euros. Responsables provinciais anunciaron que a Deputación vai iniciar a contratación do proxecto nas vindeiras semanas.
O obxectivo deste novo espazo é buscar alternativas para reducir os custos de produción do leite, ademais de mellorar a automatización e a incorporación das novas tecnoloxías ao proceso produtivo. Con estas medidas, trátase de facer fronte ao problema da caída na rendibilidade das explotacións polo baixo prezo do leite, así como a falta de man de obra, ao tempo que se mellora a calidade de vida dos profesionais do sector.
Outro dos convenios asinados recentemente pola Deputación busca impulsar a gandeiría. O organismo provincial renovou a colaboración con ACRUGA, por importe de 172.000 euros, para financiar a recría e mellora xenética dos exemplares de Rubia Galega na Granxa Gayoso Castro. Dende a súa posta en marcha, este proxecto supuxo para os produtores un aforro de 2,2 millóns, e uns beneficios de 2,3 millóns de euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O conselleiro de Economía visitou Cementos Cosmos

Seguinte Nova

Dúas medallas para os deportistas do Neka coa selección galega de Taekwondo

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: