• Importante participación da provincia de Lugo nos XXI Xogos Autonómicos de Natación Special Olympics, que tiveron á cidade da Muralla como anfitriona o pasado 11 de novembro. Un total de 400 nadadores de toda Galicia, dos que 111 eran lucenses, déronse cita nas piscinas municipais das Pedreiras para participar nesta proba.
O evento contou coa colaboración da Deputación de Lugo. A deputada de Promoción Económica, Sonsoles López, destacou a importancia da labor de Special Olympics «por organizar estes xogos cos que botar abaixo barreiras, obstáculos físicos e prexuízos».
A responsable provincial salientou que os Xogos buscan fortalecer a autorrealización e o esforzo, así como o espíritu de superación, das persoas con discapacidade intelectual.•
Últimas noticias sobre CULTURA
O grupo de pop-punk La La Love You chegará a Monforte o venres 16 de agosto
A XXIV Mostra de Artesanía Artelemos, inaugurada o pasado luns 5 de agosto polo Alcalde José
O Pazo de Tor foi o escenario da presentación do catálogo da exposición «Historia do Futuro»
O pasado 19 de xullo, o Concello da Pobra do Brollón celebrou o Orgullo Guímaro. A
A parroquia de Ferreiros acolleu a pasada fin de semana a segunda edición do festival Brindadeira.Brindadeira