•Medra ata 92 o número de colectivos da provincia que participan neste programa da Deputación de Lugo
•Hai varias opcións, como ximnasia de mantemento, pilates, multideporte ou actividades adaptadas para persoas con capacidades diferentes •A programación é de balde
• Dende mediados do mes de novembro, está en marcha o programa Movémonos, unha iniciativa da Deputación de Lugo que se define como unha opción deportiva, saudable e social no rural lucense.
MÁIS PARTICIPACIÓN POLO «ÉXITO» DAS ANTERIORES EDICIÓNS
Segundo explicou o presidente do organismo provincial, Darío Campos, na presentación do Movémonos, este ano aumentou o número de participantes, que serán arredor de 1.400, a través de 93 asociacións de toda a provincia. Este incremento explícase polo «éxito» das anteriores convocatorias, segundo precisou Campos, e que se materializa nun total de 11 novas asociacións incorporadas ao programa.

CATRO COLECTIVOS DA COMARCA DE SARRIA
No sur de Lugo, son 18 os colectivos que tomar parte nesta nova edición do Movémonos. Na comarca de Sarria, participa a Asociación de Mulleres O Noso Lar, da Pobra de San Xiao en Láncara, así como a Asociación Cultural e Xuvenil Castro de Rei de Lemos, de Paradela. En Samos, engadiuse ao programa provincial o colectivo Compalgo Fundación O Noso Lar. Así mesmo, a Asociación dos Caleiros Patrimonio, do Incio, beneficiarase desta iniciativa lúdico-social da Deputación.

14 ASOCIACIÓNS DAS TERRAS DE LEMOS E CHANTADA
Pola súa banda, na comarca de Lemos contarán con actividades do Movémonos catro colectivos de Bóveda, A Lagoa, a Asociación Veciñal San Bernardo, Asociación Amencer e a de San Cristóbal de Martín. Ademais, participan Afamon e Auxilia de Monforte de Lemos, así como a ANPA de A Pobra do Brollón. No Saviñao, inscribíronse no programa provincial a Asociación de Veciños San Martiño de Vilelos, e a Asociación Cultural Lavandeira.
Na comarca de Chantada, participan no programa Movémonos a Asociación de Mulleres Rurais de Carballedo, e en Taboada, sumáronse a esta iniciativa as asociacións de veciños de Santa María de Cerdeda e de San Xulián do Campo, e as asociacións culturais Santa Lucía e das Fachas.
PROGRAMACIÓN VARIADA
En canto ás actividades ofrecidas no programa Movémonos, a opción multideporte permite iniciarse en varias disciplinas deportivas. A ximnasia de mantemento inclúe accións de tonificación e coordinación xeral para alcanzar un óptimo estado físico. Pola súa banda, o acondicionamento físico e aeróbico outorga diversos beneficios, como eliminar graxa ou reducir a tensión, entre outros.
A prática do pilates unifica os conceptos occidentais e orientais da actividade física para traballar a musculatura profunda e superficial.
Para as persoas con capacidades diferentes están pensadas diversas actividades, tanto con adaptacións específicas para cada persoas, ou ben planteando disciplinas que non teñan requerimentos especiais.
O programa Movémonos completa a súa oferta deportiva con ximnasia rítmica.•