A recuperación do Castro de Arxeriz, premio Fundación Juana de Vega de Valores Paisaxísticos

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, entrega o premio ao director do Ecomuseo de Arxeriz, José Antonio Quiroga, o pasado 16 de novembro. GPXG
• A recuperación do Castro de Arxeriz, no municipio do Saviñao, recibiu o Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe, galardón que concede a Fundación Juana de Vega. O premio foi entregado pola conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, ao director do Ecomuseo de Arxeriz, José Antonio Quiroga, nun evento celebrado na Coruña o pasado 16 de novembro.
RECUPERACIÓN E SUSTENTABILIDADE
O premio foi concedido na modalidade de intervencións privadas no patrimonio construído e no seu entorno. A titular de Medio Ambiente gabou os méritos do proxecto premiado, porque non só se recuperou unha antiga construción, senón que tamén se puxo en valor a arquitectura tradicional e a súa contorna.
Mato destacou que o proxecto de Arxeriz engade «un valor de futuro» ao acoller un proxecto didáctico, o Ecomuseo, «no que a arquitectura se funde co coidado da paisaxe», rexenerada con especies vexetais autóctonas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

En marcha o programa provincial de obradoiros do Centro de Artesanía e Deseño

Seguinte Nova

Reflexión plástica en Sarria dende a perspectiva de xénero

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio