• Dous equipos do Korbis Gonzalo Seguros de voleibol veñen de asinar un ilusionante comezo de tempada. As xogadoras do infantil B e do xuvenil iniciaron a andaina nesta competición con cadansúa vitoria.
TRIUNFO «CLAVE» PARA SEGUIR CON GANAS
Segundo explicou Eva Rodríguez, adestradora do segundo equipo de infantil, as monfortinas non tiveron problemas para desfacerse do seu rival, o Voleibol Lugo, ao que derrotaron por un cómodo 3-0. Rodríguez precisou que a boa marcha do partido, no que conseguiron «un punto clave para seguir con ganas», fixo posible que todas as deportistas dispuxeran de minutos de xogo. A adestradora valorou especialmente «o interese» que puxeron as xogadoras no banco e na cancha, amosando un «bo ambiente e compañeirismo».
APOSTA EN XUVENIL
Tamén gañaron con comodidade as xogadoras do Korbis xuvenil no arranque ligueiro, como explicou o seu adestrador, Roberto Castro. As integrantes deste equipo que compite en terceira división volven ao xogo «tras un descanso nas vidas deportivas de moitas delas». Castro destacou que esta vitoria ante o Emevé supón «o inicio dunha etapa en xuvenil» no Korbis, e que servirá para «ir abrindo portas para as vindeiras xeracións».•