•No sur de Lugo, a medida beneficiará tamén a Carballedo, O Incio e O Saviñao

• A Consellería de Medio Rural vén de suscribir un convenio para dotar a 35 concellos galegos de cadanseu tractor de roza. O departamento autonómico destina 3,1 millóns de euros a este convenio, que no sur de Lugo beneficiará aos municipios de Chantada, Carballedo, O Incio e O Saviñao. No resto da provincia, tamén contarán con este vehículo os concellos de Alfoz, Antas de Ulla, Castroverde, Cospeito, Monterroso, A Pastoriza, Ribadeo, Trabada e Xermade.
PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS
O convenio de Medio Rural establece unha achega de 90.000 euros para cada municipio, co que custear o importe sen ive deste vehículo. Dende a Consellería salientaron que esta medida pretende colaborar cos concellos nas súas labores de prevención de incendios.
O departamento que dirixe Ángeles Vázquez aplicou criterios obxectivos para a selección dos beneficiarios. Os baremos tiveron en conta a poboación e o número de núcleos, así como o uso común desta maquinaria por máis dun concello. Así mesmo, excluíronse os municipios que recibiron motobombas novas da Consellería nos últimos 5 anos, e os que percibiron máis de 90.000 euros neste exercicio a través do Fondo de Compensación Ambiental.
Ademais, os beneficiarios debían ter suscrito o convenio coa Xunta para a prevención de lumes, ter algunha parroquia de alta actividade incendiaria, ou contar con predios recoñecidos na Lei de Mellora Territorial Agraria.•