•A oferta de outono inclúe obradoiros de xoiería, coiro, cestería, madeira e encadernación
«trátase de dar resposta á demanda, e tamén dar a oportunidade a calquer persoa, aínda que non sexa profesional, de coñecer de preto estes oficios e, incluso, elaborar algunha peza».
O obradoiro de xoiería xa está en marcha ata o 1 de decembro, cunha nova quenda que se desenvolverá do 11 ao 13 de decembro. A actividade, cun total de 52 horas, ten lugar no CENTRAD de Lugo de 16,30 a 20,30 horas, con seis prazas a un prezo de 26 euros de matrícula. No obradoiro, os asistentes introduciranse nas técnicas e procedementos básicos de fabricación de xoias, ademais de aprender a bocetar un deseño. O alumnado terá a oportunidade de elaborar unha peza propia.
Tamén está en marcha o taller de coiro, ata o 29 deste mes, no que participan 10 alumnos. Pola súa banda, o obradoiro de iniciación á cesteiría que rematou o día 15, ofreceu aos asistentes unha breve reseña do patrimonio etnográfico galego vinculado a esta disciplina artesanal.
Pola súa banda, o obradoiro de madeira, centrado no moble, conta con dúas quendas. A primeira rematará o día 1 de decembro, e a segunda terá lugar do 11 ao 21 dese mesmo mes, en horario de 9 a 13 horas. Os cursos están a cargo de Joao Fernandes de Vrito e Álvaro Fernández Ferreiro, docentes do CENTRAD, que amosarán aos alumnos como desmontar ferraxes, así como a técnica de decapado de aire quente, ademais de reparar pezas de ebanistería, aplicar tratamentos contra a couza, ou a tinguidura da madeira.
Por último, o obradoiro de encadernación, que terá unha segunda quenda do 18 ao 21 de decembro, será impartido por Diego López Villar. O horario é de 10 a 13 horas, cunha matrícula de 13,50 euros. Os participantes traballarán a encadernación xaponesa, a carpeta de anelas e o álbum de fotos.
As inscricións nos obradoiros de decembro poden realizarse por correo electrónico en formacion.centrad@deputaciondelugo.org, ou no teléfono 982 21 00 66. A web da Deputación inclúe un banner con toda a información sobre cada un dos obradoiros.•
Cursos para profesionais a cargo de docentes de prestixio
•O luthier de Sarria Xermán Arias impartirá un dos obradoiros
• R.-MONFORTE.
A Deputación, a través do CENTRAD, ofrece obradoiros gratuítos para profesionais, da man de reputados artesáns de nivel nacional e internacional, e coordinados por Luciano Pérez, mestre artesán do CENTRAD. Os profesores que integran o plantel contan cunha ampla traxectoria na recuperación de instrumentos medievais.
O primeiro obradoiro xa está en marcha, a cargo do afamado luthier francés Christian Rault, sobre GIGA e Rota, no que se construirán pezas orixinais. O taller impartido por Rault está integrado nun proxecto de investigación, construción e difusión de instrumentos medievais para músicos contemporáneos, polo que non se está a elaborar réplicas, senón pezas novas orixinais.
Na semana final de novembro, o luthier sarriao Xermán Arias impartirá un obradoiro sobre viola oval con arco, de xeito simultáneo ao taller de cítola, a cargo de Antonio Franco Carrera.
Os cursos continuarán en 2018, cun taller de zanfona de febreiro a marzo, da man de Franco Carrera. Nas mesmas datas, Carlos Paniagua e Begoña Olavide desenvolverán o obradoiro sobre salterio.•