•Este resultado dá forzas aos monfortinos para preparar a gran cita do Campionato de España de Clubes, que terá lugar do 7 ao 10 de decembro

• Os deportistas do ximnasio Neka de Monforte afrontan o remate do ano con importantes triunfos e retos decisivos. A menos de un mes para o Campionato de España de Clubes, os de Monforte veñen de reforzar a súa liña de traballo coa consecución de 18 medallas na Copa Xunta de Galicia de Taekwondo, disputada en Teo o pasado 18 de novembro. Este resultado, cualificado de “auténtico botín” polo adestrador José Mª Vega, impulsa aos de Neka de cara a afrontar con enerxía os últimos desafíos do ano.

TRES OUROS E SEIS PRATAS NA PROBA AUTONÓMICA
Os ouros deste recente medalleiro foron conseguidos por Alexia López, José Manuel Ojea, e David Poyán. As medallas de prata corresponderon a Daniel Rodríguez, Nicolás Lage, Elena Varela, Laura Álvarez, Álex Camba e Aitor Teijeiro.

NOVE BRONCES GALEGOS PARA OS DEPORTISTAS DO NEKA
Os podios para os de Neka completáronse cos logros en bronce de Marco García, Iria de la Fuente, Manuel López, Enrique Álvarez, Gael Trujillo, Ana Costa, Carlos Rey, Anxo Díaz e Lúa Abeledo.
A vizosa colleita de metais puido ser maior para o Neka, xa que rozaron medalla José Roca, Daniel Areán, Raúl Vázquez e Noa da Rocha, cun quinto posto en cadansúa categoría, a un paso do podio final.
A vindeira fin de semana, os deportistas de Neka participarán no Torneo Internacional Vila de Moaña, cun amplo plantel en técnica, combate e freestyle. A proba de Moaña será a antesala do Campionato de España de Clubes, que se celebrará en Oropesa de Mar na ponte da Constitución.•