20 proxectos empresariais tomaron forma na segunda edición do Coworking de Monforte

•Unha vintena de emprendedores culminaron o proceso de formación e asesoramento neste espazo que promove a Xunta coa Escola de Organización Industrial

Os participantes na segunda edición do Coworking de Monforte, co alcalde da cidade, José Tomé, e o conselleiro de Economía, Francisco Conde, na xornada final de presentación dos proxectos, o pasado 29 de novembro. GPXG

• O emprendemento rural celebrou un novo fito en Monforte, na sesión Demoday do espazo Coworking, o pasado 29 de novembro. Un total de 20 emprendedores presentaron cadanseus proxectos, nos que estiveron a traballar nos últimos meses dentro deste programa. O espazo Coworking é unha iniciativa que impulsa a Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que desenvolve en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI). O obxectivo é ofrecer formación e asesoramento aos emprendedores para que poidan poñer en marcha o seu plan de negocio.
A vintena de proxectos que se presentaron e desenvolveron no espazo Coworking de Monforte están vinculados a áreas tan diversas como o turismo, o comercio, o sector aeronáutico ou o agroalimentario, entre outros.
A sesión de clausura contou coa presenza do conselleiro de Economía, Francisco Conde, que cualificou o Coworking como unha «aposta polo emprendemento, polo rural e pola comarca de Lemos». Pola súa banda, o alcalde de Monforte, José Tomé, lembrou a importancia da colaboración entre institucións para levar adiante estas iniciativas, xa que no Coworking participan a Xunta de Galicia, o Ministerio de Industria a través da EOI, a Unión Europea co Fondo Social Europeo, e o propio Concello, coa cesión das instalacións. Tomé destacou que o emprendemento «é o futuro do novo tecido empresarial».•

A Xunta contratará a 13 persoas no sur de Lugo co programa Aprol Rural

• A mediados deste mes, a Consellería de Economía, Emprego e Industria resolveu as axudas do programa Aprol Rural, para concellos de menos de 10.000 habitantes. Nesta segunda edición, o programa destinará 150.000 euros para permitir a contratación no sur lucense de 13 persoas desempregadas. Os municipios beneficiados por este programa son Ribas de Sil, A Pobra de Brollón, Carballedo, Pantón, Taboada, Quiroga e Chantada.
Segundo explicou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, nesta edición o programa aumenta de 6 a 9 meses o tempo de contratación. Ademais, a Xunta asume o 100% dos custos laborais, cando na anterior convocatoria financiaba o 80%. O programa busca impulsar as oportunidades laborais no rural e nos concellos con menos poboación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Máis rúas con luces de Nadal en Monforte

Seguinte Nova

O Incio, Sober e O Saviñao, entre os concellos con novos investimentos provinciais

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss