• Está organizada por Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés • Busca poñer en valor os produtos locais nos meses de outono e inverno

• Dende outubro e ata xaneiro, está en marcha a Ruta Gastronómica do Camiño Francés, unha iniciativa conxunta de Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Concellos Galegos desta ruta xacobea, para dinamizar os meses con menor afluencia de peregrinos e poñer en valor os produtos locais. Nas fins de semana e festivos, os establecementos dos 11 concellos xacobeos ofrecen tapas elaboradas cos mellores produtos de cada zona.•