Aumenta o número de usuarios da Teleasistencia gratuíta da Deputación

•Hai 411 usuarios máis, que suman un total de 1.279 maiores •O servizo dispón aínda de 276 prazas libres

A deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, visitou a unha veciña de O Saviñao, usuaria da Teleasistencia gratuíta, para comprobar o funcionamento deste servizo. GPDL

• A deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, fixo balance do servizo de Teleasistencia que a Deputación de Lugo ofrece gratuitamente aos maiores dependentes e non dependentes. Segundo os datos aportados pola responsable provincial, este servizo chega a 411 usuarios máis que o ano pasado, ata sumar  1.279 beneficiarios. Ademais, López Izquierdo lembrou que aínda están dispoñibles outras 276 prazas, xa que a Teleasistencia conta cun total de 1.555, financiadas pola Deputación con 300.000 euros.
Xunto a este aumento no número de usuarios, López Izquierdo fixo referencia á renovación da Teleasistencia, para acadar un servizo «máis social e profesional». Tanto o aumento das prazas como a mellora no servizo baseouse, segundo a deputada, nas necesidades que plantea unha provincia como Lugo, «claramente envellecida e cun déficit de servizos sociais por parte da Xunta». López Izquierdo criticou que a Xunta, administración coas competencias nesta materia, obriga ao copago do seu servizo de Teleasistencia, que só está dispoñible para persoas catalogadas como dependentes. Dos 1.279 usuarios, o 81% son mulleres, e o 19% homes.

Por comarcas, a de Sarria conta cun total de 100 usuarios da Teleasistencia gratuíta, coa seguinte distribución por concellos: sete no Incio, seis en Láncara, doce en Paradela, un no Páramo, dous en Samos, 71 en Sarria, e un en Triacastela.

Nas comarcas comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga, os maiores beneficiados por este servizo da Deputación suman 284. Por municipios, Bóveda ten 11 usuarios, Monforte 79, Pantón 20, A Pobra do Brollón 9, O Saviñao 29, e Sober 22. Na comarca quiroguesa, rexístranse 27 usuario deste servizo en Quiroga, e 22 en Ribas de Sil. Na comarca chantadina, o reparto é de 13 usuarios da Teleasistencia provincial en Carballedo, 40 en Chantada e 12 en Taboada. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Novos investimentos provinciais no sur de Lugo

Seguinte Nova

En prazo para deseñar o cartel que anunciará a XXXVIII Feira do Viño de Amandi

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss