Bóveda mellorará a xestión dos servizos sociais dentro da plataforma da Xunta

•O concello implantará a Historia Social Única Electrónica, que promove a Xunta para coordinar de xeito máis efectivo a prestación destes servizos

Imaxe da xornada formativa para o persoal dos 10 novos concellos adheridos á plataforma, entre eles Bóveda, celebrada en Lugo o día 1 de decembro. GPDTL
• Bóveda vén de adherirse á Historia Social Única Electrónica (HSUE), que a Xunta ten en marcha para xestionar con máis eficacia a prestación dos servizos sociais.
BÓVEDA E MONFORTE SÚMANSE Á MEDIDA
O municipio de Bóveda é un dos 10 novos concellos lucenses que se sumaron a esta iniciativa, entre os que tamén está Monforte de Lemos. Para comezar a funcionar na plataforma, a Xunta ofreceu unha xornada formativa ao persoal dos servizos sociais dos 10 concellos recentemente adheridos.
Segundo explicou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o HSUE permite aos traballadores sociais acceder ao expediente social dos usuarios en formato electrónico.
VANTAXES PARA OS USUARIOS
Balseiro precisou as vantaxes que supón esta plataforma, como a simplificación dos trámites ou a atención máis personalizada en cada caso. Ademais, o sistema avisa con prealertas de calquer cambio, para poder actuar de xeito inmediato.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O GDR Ribeira Sacra-Courel leva concedido preto de un millón en axudas

Seguinte Nova

Máis rúas con luces de Nadal en Monforte

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss