• A Casa da Xuventude de Chantada acolle ata o 21 de decembro a exposición cos 71 traballos presentados ao Concurso do Outono Fotográfico 2017. Un total de 22 fotógrafos, sobre todo de Chantada e da cidade das Burgas, participaron nesta edición do concurso, no que tamén tiveron presenza creadores de Carballedo, Monforte, Agolada, Pontevedra, Carballiño, Quiroga ou Rairiz de Veiga.
A mediados de decembro, déronse a coñecer os gañadores do Concurso. O primeiro premio foi para a fotografía titulada “Gozando da terriña”, de Tamara Lebón. Pola súa banda, a fotografía “Color otoñal”, de Pili Chaos, acadou o segundo premio no concurso. Por último, o terceiro premio desta quenda do Outono Fotográfico de Chantada outorgouse á obra “Mordisco a la naturaleza”, de Antonio García Olivero.

PREMIO ESPECIAL Á MELLOR FOTO SOBRE OS LIBROS E A LECTURA
Na mostra poden verse fotografías en cor e tamén en branco e negro, tendo como protagonistas á natureza ou aos animais, ademais de todo tipo de obxectos. En especial, destacan a ducia de traballos en torno aos libros e á lectura, que optaron ao premio especial desta edición do Concurso. O galardón nesta modalidade correspondeu a Tamara Lebón, coa súa obra “Letras que iluminan a nosa imaxinación”.
Todos os premios entregaranse nun acto que terá lugar no Espazo Xove de Chantada o mércores 20 de decembro ás 18 horas.

RELACIÓN DE PARTICIPANTES
Na edición número vintesete Concurso Outono Fotográfico da Casa da Xuventude de Chantada participaron Paulo Estrela Fonseca, Ania Mazaira Rodriguez, Francisco Ledo López, Pilar Seijas Gómez, Santiago Pérez Marquina, Cristina Pérez Marquina, Angel Utrera Baza, Sandra Palomares García, Juan Manuel Vázquez Vázquez, José Manuel Morgade Fernández, Manuel Blanco Guerra, Nuria Blanco Rodriguez, Bruno Taboada González, Helena Seijo Permuy, Mariana Vázquez Rodriguez, Ana Doval Fernández, Cristina Alvarez Suárez, Santiago Rodriguez Vázquez e Eva Souto Fernández.•