Máis rúas con luces de Nadal en Monforte

Acendido das luces de Nadal en Monforte, o 5 de decembro, xunto á árbore decorativa instalada na Praza de España.GPCM
• O alumeado de Nadal en Monforte aumenta este ano a súa presenza nas rúas, ata chegar a todos os barrios da cidade.
ALUMEADO EN 53 RÚAS DE MONFORTE
Segundo explicou o alcalde, José Tomé, a comezos deste mes, son 53 as rúas que este Nadal contarán con iluminación decorativa, dúas máis que o ano pasado. Por primeira vez, as rúas do Malvarón e A Pinguela disporán deste servizo. Así mesmo, aumentouse o número de arcos luminosos no conxunto da cidade.
LETREIROS DE NADAL NAS ENTRADAS Á CIDADE
As sete entradas de Monforte contan cun letreiro coa lenda “Bo Nadal”, e está instalado na Praza de España a tradicional árbore iluminada. As demais prazas de Carude, Os Chaos, a Estación e Campo de San Antonio tamén dispoñen de luces navideñas. A decoración exténdese tamén aos emblemas da cidade, como a Torre da Homenaxe e a Casa Consistorial.
17.000 EUROS
O alcalde lembrou que “o equipo de Goberno está a cumprir co compromiso de que o alumeado navideño estea presente en todos os barrios”. Tomé salientou a utilidade do alumeado “para o comercio e para o conxunto da economía, porque nos beneficia a todos”. O Concello destina 17.000 euros para o alumeado de Nadal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Bóveda mellorará a xestión dos servizos sociais dentro da plataforma da Xunta

Seguinte Nova

20 proxectos empresariais tomaron forma na segunda edición do Coworking de Monforte

Últimas noticias sobre EVENTOS

Xornada Micolóxica en Pantón

Pantón acolle o domingo 17 unha xornada micolóxica, que inclúe unha charla sobre Introdución á Micoloxía e aos fungos medicinais, a cargo
Ir aInicio

Don't Miss