O GDR Ribeira Sacra-Courel leva concedido preto de un millón en axudas

•O organismo supramunicipal con sede en Bóveda ten aprobados 38 proxectos •No conxunto da provincia, os seis Grupos de Desenvolvemento Rural subvencionaron 112 proxectos con axudas de 5,1 millóns

O alcalde de Bóveda e presidente do GDR Ribeira Sacra-Courel, José Manuel Arias, na reunión dos responsables dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Lugo co delegado da Xunta, a finais de novembro. GPXG
• A finais do mes pasado, tivo lugar na capitalidade provincial a reunión dos responsables dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Lugo, para facer balance da xestión dende a nova configuración destas entidades supramunicipais. O presidente do GDR Ribeira Sacra- Courel e alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, asistiu ao encontro de traballo co delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. O representante do Executivo autonómico na provincia animou ás empresas, particulares e profesionais do agro para que “saquen o máximo proveito posible” dos recursos que facilitan os GDR.
INVESTIMENTOS NO GDR RIBEIRA SACRA-COUREL DE MÁIS DE 2 MILLÓNS
Na reunión, deuse conta dos investimentos realizados ata agora en cada un dos grupos. No caso do GDR Ribeira Sacra-Courel, a día de hoxe leva aprobados un total de 38 proxectos, dos que 19 son de carácter empresarial, 17 son catalogados como non produtivos, e 2 non produtivos privados, segundo se detalla na páxina web do organismo. O investimento total realizado no conxunto dos proxectos ascende a 2.016.798,28 euros, para os que o GDR  aportou axudas Leader por valor de 953.002,07 euros.
No conxunto da provincia, os seis GDR aprobaron 112 proxectos que supuxeron un investimento de preto de 10 millóns de euros. As achegas dos Grupos de Desenvolvemento ascenderon a 5,1 millóns.
BÓVEDA, CAPITAL DO GDR RIBEIRA SACRA-COUREL
O GDR Ribeira Sacra-Courel ten a sede en Bóveda, e agrupa aos concellos de Bóveda, O Saviñao, Pantón, Sober, Monforte, A Pobra do Brollón, O Incio, Ribas de Sil, Quiroga, Folgoso do Courel, Samos, Triacastela e As Nogais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Campos Conde propón un orzamento provincial para 2018 de case 79,5 millóns

Seguinte Nova

Bóveda mellorará a xestión dos servizos sociais dentro da plataforma da Xunta

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: