Oito das 30 casas-niño galegas están en Lugo

•Visita institucional á casa-niño de Folgoso do Courel, que dá servizo a 8 familias

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou a casa-niño de Folgoso acompañada pola alcaldesa, Dolores Castro, a principios deste mes. GPXG

• A provincia de Lugo acolle oito das 30 casas-niño que están a funcionar en Galicia, para facilitar a conciliación familiar e laboral no entorno rural. Estas casas-niño contan co apoio da Xunta de Galicia, que destina nos orzamentos de 2018 unha partida de 1,4 millóns de euros para o mantemento destes centros, así como para financiar novos equipamentos. Estes cartos sirven para custear a reforma e adaptación do espazo, o equipamento necesario e a atención profesional.
Unha das oito casas-niño lucenses está situada no municipio de Folgoso do Courel. O centro, que leva funcionando dende febreiro, dá servizo a oito familias do concello courelés.
Segundo explicou a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, na súa visita ao centro, as casas-niño dan servizo gratuíto de atención personalizada a nenos e nenas de 0 a 3 anos no propio domicilio dun coidador ou coidadora acreditado profesionalmente. •

A Xunta investiu en 2 anos máis de 6 millóns nas escolas infantís

• A Xunta leva investido, nos dous últimos anos, máis de 6 millóns de euros en melloras nas escolas infantís. En concreto, destináronse 3,1 millóns en reformas e equipamentos de 120 centros da rede Galiña Azul. Ademais, investíronse 2,5 millóns en obras e adquisición de equipamento en 136 escolas infantís e puntos de atención á infancia de titularidade municipal. Por outra banda, o Executivo autonómico aportou 600.000 euros para financiar melloras en 36 escolas infantís privadas de iniciativa social.
Este foi o balance presentado polo titular do Goberno da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no penúltimo Consello celebrado en novembro. Feijóo salientou tamén que «hoxe en Galicia é máis sinxelo conciliar do que era en 2009». O presidente salientou o aumento nun 80% no número de prazas en escolas infantís sostidas pola Xunta, ademais da aposta polas casas-niño no rural. Así mesmo, Feijóo enumerou outras medidas de apoio á familia, como as deducións fiscais a familias con fillos, o Bono Concilia ou o Bono Coidado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Convenio entre Deputación e USC por 2 millóns para a Granxa Experimental do Campus Terra

Seguinte Nova

Todo listo en Pantón para celebrar as festas de Nadal

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Xornada de Convivencia

Esta semana tivo lugar unha xornada de convivencia que reuniu ás familias acolledoras do programa Vacacións

A %d blogueros les gusta esto: