A soberina Obdulia Rodríguez González, Premio Traxectoria de Artesanía de Galicia 2017

•O Premio Traxectoria recoñece os 30 anos dedicados por Lula á olería de Gundivós

 

No centro da imaxe, Obdulia Rodríguez «Lula» posa co resto dos galardoados cos Premios Artesanía de Galicia 2017. Lula estivo acompañada polo alcalde, Luis Fernández Guitián, e a secretaria do Parlamento de Galicia, a soberina Raquel Arias, no evento celebrado en Santiago o 18 de decembro. GPXG

 

• Sober conta, dende o mes pasado, cun novo recoñecemento, da man dunha das súas veciñas. Obdulia Rodríguez González «Lula» foi galardoada co Premio Traxectoria, na convocatoria dos Premios Artesanía de Galicia 2017. Este galardón honorífico, sen dotación económica, recoñece os 30 anos de carreira profesional desta soberina, e a súa contribución á promoción e recuperación da olería tradicional de Gundivós.
No acto de entrega dos premios, celebrado en Santiago o 18 de decembro, Obdulia Rodríguez estivo acompañada polo alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e a secretaria do Parlamento de Galicia, a tamén soberina Raquel Arias.
O evento estivo presidido polo conselleiro de Economía, Francisco Conde, que  destacou «o potencial e o prestixio» da artesanía, «un sector que está máis vivo ca nunca». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Exposición fotográfica dos traballos feitos polos alumnos do curso de Tamara Lebón no Saviñao

Seguinte Nova

278 actividades culturais ao longo da provincia foron promovidas pola Deputación en 2017

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: