A Xunta ofrece 67 vivendas de promoción pública en 16 concellos de Lugo

•O sorteo será na segunda quincena de xaneiro •No sur, hai vivendas vacantes en Monforte, Sarria e Chantada

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presentou a listaxe de vivendas vacantes de promoción pública a finais de decembro. GPXG
• A provincia de Lugo dispón de 67 vivendas vacantes de promoción pública, que oferta a Xunta de Galicia en 16 concellos, entre os que se encontran Monforte, Sarria e Chantada.
O REXISTRO ÚNICO DE DEMANDANTES, BASE PARA IR ADXUDICANDO VIVENDAS
Segundo explicou o delegado autonómico en Lugo, José Manuel Balseiro, os respectivos sorteos por municipio realizaranse durante a segunda quincena de xaneiro. Os sorteos incluirán a todas aquelas persoas que se teñan inscrito no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida, xestionado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Balseiro destacou a importancia de inscribirse en dito rexistro, xa que é o documento co que se elabora o listado para ir adxudicando as vivendas que quedan vacantes. A inscrición neste rexistro ten unha validez de tres anos.
VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA EN ALUGUEIRO OU EN VENDA
En canto á tipoloxía do contrato, as vivendas de promoción pública concédense baixo dúas modalidades. Dentro do réxime xeral hai 44 vivendas, que poden concederse en venda ou en alugueiro. Pola súa banda, as vivendas de réxime especial só están dispoñibles en alugueiro, por estar situadas en cascos históricos. Monforte dispón de tres vivendas de réxime xeral, e Sarria de catro. En réxime especial, hai dúas vivendas vacantes en Monforte, e outras dúas en Chantada.
REQUISITOS
Para poder acceder a unha vivenda de promoción pública da Xunta, os demandantes deberán residir ou traballar en Galicia, e non ser propietarios doutra vivenda, salvo que esta sexa inadecuada ou insuficiente para as súas necesidades. Ademais, os solicitantes deberán acreditar uns ingresos familiares concretos, que no caso de vivendas de réxime especial non poderá superar 5,5 veces o IPREM, e no réxime xeral non excederá de 2,5 veces este baremo.
Os interesados poderán solicitar un máximo de tres municipios, sendo un preferente e os outros dous subsidiarios. Este dous concellos deberán ser limítrofes co preferente, ou estar na súa área de influencia. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O obradoiro de emprego xuvenil de Monforte dá traballo a 15 persoas

Seguinte Nova

A Deputación pechou o ano con novos investimentos por 5,2 millóns

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

     
A %d blogueros les gusta esto: