•Hai tres premios valorados en 200, 100 e 50 euros para as mellores coplas
• O Concello de Sober convoca o Certame de Coplas de Entroido, aberto a particulares e grupos de calquer idade. O obxectivo do Certame é manifestar, de xeito crítico ou humorístico, feitos acontecidos durante o ano.
CRÍTICAS CON RESPECTO
O contido crítico das coplas, que deberán estar en verso, manterá en calquer caso o respecto ás persoas. Os sucesos referenciados deberán estar vinculados, preferentemente, con Sober ou coa Ribeira Sacra.

BAILE DA CACHUCHA
As coplas entregaranse na Biblioteca Pública de Sober ou nas oficinas do Concello ata o 30 de xaneiro. Daranse tres premios, valorados en 200, 100 e 50 euros, para as mellores composicións. O acto de entrega será o 10 de febreiro, durante o XII Baile da Cachucha, no pavillón do colexio Virxe do Carme.•