•O presidente da Federación Galega de Golf foi recoñecido como Socio de Honra do club
• O 8º Torneo Cestas de Nadal Gadis pechou un ano de competicións nas instalacións de golf do OCA Augas Santas. A entrega dos premios tivo lugar durante a tradicional cea de Nadal, na que se recoñeceu como Socio de Honra do Club de Golf Augas Santas a Daniel Fernández, presidente da Federación Galega de Golf. Na velada, tamén se entregaron os premios da Orden de Mérito do Club de Golf 2017, aos xogadores de mellor nivel no ano. En handicap, foi recoñecido Miguel Ángel Martínez, en scratch Alberto Campos, e en damas Fernanda Bouza.
Os gañadores das cestas do Torneo Gadis foron Román Lorenzo en handicap, en damas Sara Comesaña, e en aproach Juan Carlos Fernández. O premio en scratch foi para Alberto Campos.•