• Dende o 1 de novembro e ata o 30 de abril, está operativo o Plan de Vialidade Invernal da Xunta, para manter en boas condicións as estradas de titularidade autonómica, e resolver as posibles incidencias causadas polo xeo ou a neve.
DÚAS ZONAS A EFECTOS OPERATIVOS
Segundo explicaron dende a Delegación da Xunta en Lugo, o Plan de Vialidade Invernal na provincia está composto por 118 profesionais, que atenden as dúas zonas nas que se divide o territorio lucense a efectos práticos. O límite entre as dúas áreas está ao sur da cidade de Lugo e Baleira. Cada unha destas zonas dispón dun centro operativo, o da área norte situado en Xermade, e o da zona sur no Incio. A estrutura refórzase con varios subcentros operativos, un dos cales localízase en Monforte de Lemos. Para levar a cabo as eventuais intervencións, o Plan de Vialidade Invernal na rede de estradas autonómicas conta con 1.740 toneladas de fundentes, distribuidos por varios puntos ao longo de toda provincia.
Na zona sur de Lugo, os silos están localizados en Sarria, Pedrafita, Chantada, Quiroga e O Corgo, ademais de contar cunha planta de salmoira e un acopio de fundentes. •