•A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) felicitou o Nadal cunha postal de deseño sarriao. O xove deportista do CB Sarria Miguel Anxo López Colón, de 10 anos, foi o autor da postal gañadora do VIII Certame de Deseño “O Baloncesto e o Nadal”, que organiza a entidade federativa galega. López Colón, que cursa 5º de Primaria no CPR La Merced, milita nas filas do Adrián Salgado CB Sarria, en alevín masculino. Ademais da alegría de ver o seu traballo na tarxeta oficial da FEGABA, o deportista recibiu un lote de agasallos. Dende o CB Sarria felicitaron a Miguel Anxo e á súa familia. (Foto: CB Sarria).
Deporte e solidaridade encheron a axenda do CB Sarria durante o Nadal
•Xornada de confraternidade, dúas charlas formativas e a tradicional campaña de recollida de xoguetes e libros
• A familia baloncestística do CB Sarria sacou o máximo partido aos días de Nadal. Segundo é costume nesta formación, os días vacacionais aproveitáronse para desenvolver outros valores tamén vinculados á prática deportiva, como a solidaridade. A campaña de recollida de xoguetes e libros contou cunha resposta «moi alta» de familias, xogadores e adestradores do CB Sarria. Os materiais recollidos foron entregados a Cáritas Interparroquial.
FORMACIÓN E SAÚDE
Tamén houbo tempo para a formación nestes días. O día 28, o club organizou unha xornada formativa a cargo de Juan Carlos Maceiras, profesor da Escola Galega de Entrenadores de Baloncesto, e o médico Ramón Muñoz. Os asistentes puideron coñecer o uso do desfibrilador, técnicas de reanimación cardiopulmonar, e hábitos de vida saudables.
Tamén houbo tempo para a formación nestes días. O día 28, o club organizou unha xornada formativa a cargo de Juan Carlos Maceiras, profesor da Escola Galega de Entrenadores de Baloncesto, e o médico Ramón Muñoz. Os asistentes puideron coñecer o uso do desfibrilador, técnicas de reanimación cardiopulmonar, e hábitos de vida saudables.
No CB Sarria quixeron despedir o ano con diversión. Con este fin, o 30 de decembro tivo lugar no Novo Chanto un evento de confraternidade a través do deporte. A cancha de baloncesto enfrontou ludicamente aos xogadores das categorías base contra os seus nais e pais, nun partido que rematou, loxicamente, con gañadores en ambos bandos.•