•Acondicionan o entorno do Cabe na zona de Cobas e A Pinguela •O obradoiro está promovido polo Concello, e cofinanciado pola Xunta
• Monforte ten en marcha unha iniciativa institucional de fomento de emprego, centrada na mocidade. O obradoiro Cobas Xuvenil está a empregar en Monforte a 15 persoas menores de 30 anos que estaban no paro, e que reciben formación teórico-prática ao tempo que dispoñen dun salario polas súas funcións. Dos 15 traballadores, sete fórmanse na especialidade de carpintaría e moble, e os oito restantes en instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. Para a xestión do obradoiro, están contratados dous monitores, ademais do director e o administrador.
O obradoiro está promovido polo Concello de Monforte, que apoia con 48.000 euros. A Xunta financia esta iniciativa con máis de 140.000 euros.•