Todo listo para disfrutar da X Festa do Cocido do Porco Celta da Comarca de Sarria

•A Festa terá lugar o sábado 27 de xaneiro •O domingo 28 haberá xantar-degustación de ovos fritidos con chourizo de porco celta nos restaurantes organizadores

O porco celta é un dos produtos gastronómicos máis singulares da Comarca de Sarria. Na imaxe de arquivo, exaltación do porco celta nunha das pasadas edicións da Festa do Cocido en Sarria. Arquivo EC

 

A exaltación da gastronomía das terras sarrianas terá un dos seus momentos máis salientables o vindeiro 27 de xaneiro. Ao longo desta xornada de sábado, celebrarase a X Festa do Cocido do Porco Celta da Comarca de Sarria, un evento no que se poderán adquirir os mellores produtos, así como degustalos na súa preparación máis tradicional.
EXPOSICIÓN E VENDA DE PRODUTOS DE PORCO CELTA
A xornada festiva do sábado 27 de xaneiro comezará ás 10 da mañá, coa apertura dos stands da II Feira do Porco e dos seus Produtos gastronómicos, que se poderá visitar ata as oito da tarde no recinto do Mercado Gandeiro de Sarria.
PREGÓN, XANTAR E NOMEAMENTO DE CAZOLEIRAS E TIXOLEIROS
A recepción de autoridades será ás doce e media, para continuar coa lectura do pregón, unha hora despois, a cargo de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe. Dende as dúas e media, terá lugar unha degustación do cocido, amenizada con diversas actuacións, no mesmo recinto do Mercado Gandeiro. Logo do xantar, ás catro e media procederase ao nomeamento oficial de Cazoleiras e Tixoleiros 2018, para continuar a festa a partir das seis e media.
RESERVAS
As persoas interesadas en reservar mesas para grupos, poden chamar ao Hotel Alfonso IX ou ao Hotel Roma de Sarria. O prezo por mesa de 13 persoas é de 500 euros.
O mesmo sábado, tamén se poderá degustar, previa reserva, o cocido de porco celta nos restaurantes de Sarria Hotel Alfonso IX e Hotel Roma, e no restaurante Hotel A Veiga, de Samos.
DOMINGO DE SABORES CON CHOURIZO CELTA
A xornada do domingo 28 de xaneiro continuará chea de sabores en torno ao porco celta. Os diversos restaurantes que participan nesta iniciativa ofrecerán xantares-degustación de ovos fritidos con chourizo desta modalidade de porco.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novos pasos para impulsar o Porto Seco de Monforte

Seguinte Nova

Os museos da Rede Provincial recibiron un 7% máis de visitantes en 2017

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: