Lugo acolleu un taller de marcha nórdica para impulsar hábitos saudables

•Un total de 50 persoas participaron nesta actividade •O taller estivo organizado pola Deputación e a asociación Somos Unidos contra el Cáncer

A deputada Sonsoles López Izquierdo, o presidente de Somos Unidos Contra el Cáncer, José Manuel Vázquez Castro, e as monitoras da Federación Galega de Montaña, Cristina González e Cecilia García, no inicio do Taller de Marcha Nórdica, que se celebrou no Pazo de San Marcos o 20 de xaneiro. GPDL
• Preto de 50 persoas participaron no Taller de Marcha Nórdica que organizaron a Deputación de Lugo e a asociación Somos Unidos contra el Cáncer, o 20 deste mes no Pazo de San Marcos de Lugo.
ANDAINA CON BASTÓNS PARECIDOS AOS DE ESQUÍ
O taller foi impartido polas monitoras da Federación Galega de Montaña, Cristina González e Cecilia García, que deron a coñecer as características desta disciplina. Segundo explicaron dende a organización, a marcha nórdica é un deporte de resistencia, ao tempo que una modalidade de exercicio ao aire libre. A marcha realízase con bastóns similares aos de esquí, para acompañar e impulsar a andaina.
TALLER TEÓRICO-PRÁTICO
Os asistentes recibiron unha charla teórica no salón de actos do Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, e continuaron cunha sesión prática polo adarve da Muralla.
FOMENTO DOS HÁBITOS SAUDABLES
O enfoque da actividade resaltou os beneficios da práctica deste deporte para a saúde. Segundo destacou na inauguración a deputada Sonsoles López Izquierdo, «para nós é un privilexio acoller este tipo de obradoiros, de carácter deportivo e saudable, abertos a toda a poboación», e así «poder achegar o deporte e o estilo de vida saudable a todos os veciños».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Máis impulso ao Campus de Lugo da man da Deputación e a Universidade de Santiago

Seguinte Nova

Elena Varela e Carlos Rey, do Neka, acadan un bronce no Open de Lille de taekwondo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss