O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra continúa co proxecto de recuperación e posta en valor dos esgrafiados, unha técnica tradicional de recubrimento de fachadas que aplica métodos e ornamentos específicos desta zona.
IMPLICACIÓN DOS VECIÑOS
Coa finalidade de dar a coñecer este proxecto á veciñanza e implicar á cidadanía no seu desenvolvemento, o Consorcio organizou unha xornada informativa en Taboada. A sesión, coordinada coa Asociación Veciñal San Xulián, tivo lugar o 14 de xaneiro no local social da parroquia taboadesa de San Xulián do Campo.

CURIOSIDADE SOBRE OS ESGRAFIADOS E O SEU MANTEMENTO
Unha vintena de veciños e veciñas participaron nesta xornada, interesados por coñecer as características dos esgrafiados, e os métodos para recuperar este tipo de ornamentación. Recentemente, o Consorcio rehabilitou nesta zona a fachada da Casa do Camiñas.
O proxecto de recuperación de esgrafiados foi explicado aos asistentes por Xosé Manuel Vázquez, historiador, investigador e autor da obra sobre este tema que publicará en breve o Consorcio, en colaboración con Turismo de Galicia. Tamén comentaron diversos aspectos deste proxecto Carola Sánchez, restauradora e coordinadora dos traballos materiais que se están a realizar nos últimos meses, e Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.•