•Os folletos divulgaranse en Monforte de Lemos, Pantón, Sarria e Láncara
•Serán 30 os municipios lucenses nos que se vai desenvolver a campaña •Daranse indicacións sobre os riscos no tractor, e consellos para un uso seguro desta maquinaria

• A Xunta vén de poñer en marcha en 119 concellos rurais, 30 deles na provincia de Lugo, unha campaña para prevención de riscos no uso do tractor. No sur da nosa provincia, a campaña chegará a Monforte de Lemos, Pantón, Sarria e Láncara.
CAUSAS DOS SINISTROS E COMO EVITALOS
Segundo explicaron no inicio da campaña en Lugo o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, e a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, o obxectivo é concienciar aos usuarios sobre os riscos que implica o manexo do tractor e dos seus apeiros, sinalando as causas máis frecuentes de accidentes. A campaña tamén inclúe unha serie de recomendacións básicas para evitar sinistros, ou minimizar as súas consecuencias.

CONSELLOS EN CATRO ASPECTOS
Para a campaña, emitíronse trípticos e folletos nos que se dan explicacións técnicas en catro aspectos clave para prever este tipo de riscos: seguridade viaria, protección da toma de forza e do eixe cardánico, protección do tractor fronte ás envorcaduras, e medidas que hai que tomar no caso de sufrir este tipo de sinistros.

PUNTOS DE DISTRIBUCIÓN DO MATERIAL INFOMATIVO
Os trípticos e folletos vanse repartir nos Concellos, centros sociais, centros de saúde, farmacias, comercios de maquinaria agrícola, puntos de venda de material e produtos agrícolas, centros educativos, bares e cafeterías, así como clínicas veterinarias e cooperativas agrogandeiras.
Segundo explicou Covadonga Toca, os máis afectados por estes accidentes son maiores de 65 anos, por mor de envorcaduras do tractor, atrapamentos e accidentes de circulación.•