• A Deputación de Lugo vén de poñer en marcha un novo servizo de impulso ao emprego. A deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, presentou a finais de xaneiro a Axencia de Colocación, que definiu como un servizo público e gratuíto de inserción laboral. Izquierdo explicou que esta Axencia disporá dunha oficina presencial, situada nas dependencias da Deputación no Pazo de San Marcos, ademais dunha plataforma web na que tanto os demandantes de emprego como as empresas poidan rexistrar as súas necesidades. «Deste xeito, contaremos con dúas importantes radiografías da provincia, a da oferta e a da demanda», precisou López Izquierdo.
ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA
A oficina presencial dará atención individualizada ás persoas que buscan un emprego ou queren mellorar a súa situación laboral. Tamén ofrecerá información e asesoramento para veciños e veciñas que queiran poñer en marcha o seu propio negocio.
Este servizo tamén recibirá as demandas de empresas e colectivos da provincia que busquen novos traballadores, tendo en conta as súas necesidades e os perfís profesionais que se precisan.

A AXENCIA ESTÁ EN MARCHA DENDE O 1 DE FEBREIRO
A oficina está operativa dende o 1 de febreiro, en horario de 9,00 a 14,00 horas, de luns a venres. Na mesma data, comezou a funcionar a pleno rendemento a plataforma web http://deputacionlugoportalemp.com, á que tamén se pode acceder dende o sitio oficial www.deputacionlugo.gal.
López Izquierdo explicou o funcionamento da Axencia de Colocación. No caso de empresas e entidades, poderán rexistrar os perfís profesionais que precisan para cubrir as súas necesidades ou para mellorar os procesos de negocio. A Axencia responderalles ofrecendo candidatos que previamente teñan enviado o seu currículo. Para os demandantes de emprego, a Axencia recollerá a súa solicitude e currículo, e buscará entre as empresas a súa mellor ubicación, logo de analizar co candidato todas as posibilidades que amosa para encaixar nos perfís máis axeitados. •

Aberto o prazo para optar aos 188 novos traballos do Ben Empregado 4
•As inscricións poden realizarse ata o 19 de febreiro, a través da Axencia de Colocación ou nos Rexistros Provinciais
• Ata o 19 de febreiro está aberto o prazo para optar aos 188 novos postos de traballo que ofrece o Ben Empregado 4. Este programa, posto en marcha pola Deputación de Lugo, permite que entidades e empresas da provincia contraten aqueles perfís profesionais que máis necesitan. Para facilitar a contratación, a Deputación de Lugo financia durante un ano os custos laborais destes novos traballadores. O organismo provincial destina a este programa 2,4 millóns de euros.
Nesta quenda, serán 19 os lucenses en paro con risco de exclusión social ou con capacidades diferentes os que serán contratados na provincia, subvencionando a Deputación o 100% dos custes laborais. No caso dos 39 desempregados aos que contratarán colectivos e asociacións da provincia, a porcentaxe subvencionada polo organismo provincial será do 90%. Esta achega atenderá o 50% dos custos laborais dos outros 130 lucenses en paro que empezarán a traballar en empresas da nosa provincia.

CÓMO INSCRIBIRSE
As inscricións poden realizarse nos Rexistros Provinciais, ou ben a través da Axencia de Colocación que vén de crear a Deputación de Lugo. Este servizo está dispoñible en liña no enlace https://deputacionlugo.portalemp.com/index.php?lng=gl. Máis información no teléfono 982 260 204.
Nos dous primeiros días do prazo, o Ben Empregado 4 rexistrou 972 solicitudes•