Axudas da Xunta para financiar a mellora de aloxamentos turísticos

•O importe máximo das achegas será de 35.000 euros por proxecto

Xornada informativa en Monforte, a mediados de febreiro, na que o delegado da Xunta en Lugo explicou os detalles das subvencións. GPDTL

Ata o 23 de febreiro está aberto o prazo para solicitar as subvencións que a Xunta de Galicia ofrece a entidades e empresas turísticas que decidan mellorar as instalacións dos seus establecementos de aloxamento.
Segundo explicou o delegado autonómico en Lugo, José Manuel Balseiro, cada proxecto poderá optar a un máximo de 35.000 euros de subvención, o que cubriría ata o 35% do investimento neto. Empresarios e axentes do sector turístico coñeceron os detalles destas achegas nunha reunión informativa celebrada no Centro do Viño de Monforte a mediados de febreiro. A xuntanza contou coa presenza do delegado da Xunta,  José Manuel Balseiro, e do presidente da APEHL, Cheché Real. Balseiro lembrou que, entre as oito liñas de axudas que se ofrecen este ano, as aportacións para mellora de aloxamentos turísticos son a principal novidade.
Serán financiables as obras que melloren a accesibilidade das edificacións, así como aquelas que pretendan a obtencións de certificacións de calidade, sobre todo a Q de Calidade Turística.
Tamén se subvencionarán as melloras da categoría turística dos aloxamento, e os proxectos para acadar aloxamentos máis eficientes enerxeticamente en climatización.
Así mesmo, tamén se poderán financiar con cargo a estas subvencións todas aquelas obras que supoñan unha renovación ou modernización das instalacións, o embelecemento do entorno, e a renovación dos equipamentos mobles.  •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta achegou 20,7 millóns en axudas para granxas na comarca de Sarria

Seguinte Nova

Un percorrido polos esgrafiados do Saviñao a través das fotografías de Mar López Sotelo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: