Cultura restaurará a fachada da igrexa de San Vicente

•A Consellería destina preto de 225.000 euros aos traballos de eliminación das filtracións que deterioran os muros

A igrexa de San Vicente do Pino, en Monforte, contará con arranxos nos muros para eliminar danos por humidade. Arquivo EC

• A Xunta de Galicia vén de licitar, a mediados deste mes, os traballos de restauración das fachadas da igrexa de San Vicente do Pino, en Monforte de Lemos. O importe de licitación ronda os 225.000 euros. Segundo explicaron dende a Consellería de Cultura, o proxecto de mellora busca eliminar as filtracións de auga a través das fachadas e carpinteirías do templo, que provocan o deterioro do interior das paredes e tamén do exterior, no que brota vexetación e mofos.
O mosteiro de San Vicente do Pino está catalogado como Ben de Interese Cultural, dentro do conxunto histórico da cidade do Cabe, de aí a importancia do seu mantemento e conservación.
En Cultura precisaron que os traballos consistirán na limpeza das pezas de cachotería e cantería das fachadas, renovación das xuntas deterioradas, e impermeabilización de elementos como cornisas ou repisas. Posteriormente, aplicarase unha capa de pintura de cal.
Tamén se van renovar as portas e fiestras, ademais de mellorar a funcionalidade das escaleiras da fachada sur.•

•Máis intervencións da Xunta para conservar o patrimonio da Ribeira Sacra

• Tamén este mes, a Xunta licitou as obras de mellora do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, por un importe de algo máis de 228.000 euros.
A Consellería de Cultura pretende mellorar o acceso ao monumento, reordenando a escaleira que chega ao aparcadoiro, e renovando a rampla de acceso segundo a normativa actual.
Ademais, o proxecto busca eliminar os problemas de humidade, coa renovación da cuberta de tellas e placa do edificio, e das cubertas de vidro do solario e ao carón da torre. Tamén se van acometer reformas no forxado de madeira, na varanda e na galería. No interior, vaise substituír o altar da igrexa por outro máis pequeno, ademais de adecuar a colocación da lauda. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xa se poden reservar prazas para as viaxes en catamarán pola Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Os polígonos industriais de Monforte, Sarria e Chantada terán internet ultrarrápida este ano

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: