• A finais de 2018, serán 14 os polígonos industriais da provincia de Lugo que disporán de acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps, pola aplicación do Plan de Banda Larga que están a desenvolver a Xunta de Galicia e o operador R.
SERVIZO A 9 POLÍGONOS MÁIS
Segundo explicou a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, as actuacións do Plan iniciáronse en agosto de 2016, e a finais do ano pasado levaba a banda larga ultrarrápida aos polígonos industriais de Begonte, Lourenzá, Mondoñedo, Outeiro de Rei e Ribadeo. Pereira, que estivo acompañada polo director xeral de R, Alfredo Ramos, e o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, anunciou que este servizo extenderase en 2018 a outros nove polígonos lucenses, entre eles, o dos Acivros en Chantada, e ao Porto Seco e o Reboredo en Monforte, así como ao polígono do Morelle e o parque de San Xulián de Veiga, en Sarria.
Dende a Xunta explicaron que, ademais do acceso ultrarrápido, con ata 350 Mbps de velocidade de baixada e 35 de subida, o servizo a estas superficies completarase coa posta á disposición das empresas, por parte de R, da tecnoloxía necesaria para poder facer realidade a súa transformación dixital.
Este plan subvenciónase con 3,4 millóns de euros da AMTEGA, cofinanciados ao 75% polo FEADER. Ademais, a Xunta ten en marcha novas actuacións para levar redes ultrarrápidas a zonas illadas do rural. •