Xa se poden reservar prazas para as viaxes en catamarán pola Ribeira Sacra

•As rutas iniciaranse o 24 de marzo, xusto antes de Semana Santa

O ano pasado, as rutas fluviais rexistraron máis de 53.250 suarios.GPDL

As rutas fluviais pola Ribeira Sacra arrancarán o sábado 24 de marzo, na fin de semana previa á Semana Santa. O deputado de Turismo, Eduardo Vidal, anunciou que xa está operativa a central de reservas, na que os usuarios poderán gardar ou comprar os billetes, ademais de realizar todo tipo de consultas turísticas sobre o servizo e a contorna.
A central de reservas conta cunha plataforma on line, www.reservas.rutasembalses.es, que funciona as 24 horas. Ademais, os usuarios teñén á súa disposición o teléfono 982 260 196, de luns a venres, en horario de 9,00 a 14,30 horas. Por outra banda, os interesados poden recibir atención presencial no departamento de Turismo da Deputacion, situado na primeira planta do Pazo de San Marcos, en Lugo.
HORARIOS E PREZOS
En Semana Santa, os catamaráns funcionarán todos os días, cunha ruta ás 11,30 e outra ás 16,00 horas. O resto dos días, a ruta do Canón do Sil dende Doade sairá de mércores a domingo, ademais de festivos, ás 11,30 e ás 16,00 horas. Con este mesmo horario funcionará a ruta do Cabo do Mundo dende Belesar, con saídas os sábados, domingos e festivos que determine o servizo.
A partir do 1 de xuño na ruta de Doade, e dende o 1 de xullo na de Belesar, haberá rutas todos os días ata o 30 de setembro, con tres servizos diarios ás 11,30, 16,30 e 19 horas.
En canto aos prezos, a tarifa normal individual é de 9 euros, e a reducida de 5 euros, para nenos de 4 a 12 anos, maiores de 65 e usuarios de carné xove. Os menores de 3 anos viaxan gratis. •

O BNG reclama que se manteña a xestión pública dos catamaráns

O portavoz do BNG no sur de Lugo, Emilio Sánchez, con representantes da formación nacionalista en Lugo. (Foto:BNG)

O portavoz do BNG no sur de Lugo, Emilio Sánchez, pedirá no vindeiro Pleno que a Deputación manteña a xestión pública dos catamárans, e recupere as liñas que se ofrecían en 2015. Sánchez argumenta que a privatización suporá aumentar o gasto dos 400.000 euros actuais a 700.000, e «dar un servizo menor». Así mesmo, reclamará a limpeza da fonte do embarcadoiro do Sil.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto o prazo para participar na nova edición do Campus de Emprendemento Sostible

Seguinte Nova

Cultura restaurará a fachada da igrexa de San Vicente

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss