A Deputación achegará 1,2 millóns para a residencia de maiores da Pobra do Brollón

•Aprobado o convenio de colaboración entre o organismo provincial e o Concello, ao que lle corresponde achegar outros 200.000 euros

Imaxe de arquivo da visita do presidente da Deputación aos terreos nos que se construirá a residencia de A Pobra do Brollón, con membros da agrupación socialista local. (Foto cedida).
• A Deputación de Lugo vén de dar luz verde á construción da residencia de maiores da Pobra do Brollón. Na Xunta de Goberno do 2 de marzo, o organismo provincial aprobou o convenio de colaboración co Concello, ao que lle corresponderá achegar un total de 200.000 euros. A partida da Deputación para esta obra será de 1,2 millóns.
GONZÁLEZ: «O PSOE CUMPRE COS VECIÑOS DA POBRA»
O voceiro socialista no Concello, Javier González, gabou este novo paso, lembrando que con esta medida «o PSOE cumpre cos veciños da Pobra». González precisou que a futura residencia se construirá na Avenida de Outeiro, ao lado do centro de día, «como nos comprometemos e recollía o noso programa electoral».
A residencia, que disporá de preto de 30 prazas, vén atender as necesidades da veciñanza. En palabras do voceiro socialista na Pobra, «este orzamento xa é unha realidade, polo que todos os veciños da Pobra do Brollón estamos de noraboa».
BENESTAR PARA OS MAIORES, E DINAMIZACIÓN ECONÓMICA
Javier González adiantou as vantaxes que suporá para o municipio esta nova infraestrutura social. «Impulsará o benestar dos nosos maiores, e contribuirá á mellora da súa calidade de vida», ademais de «xerar emprego e dinamizar a economía local». O voceiro socialista salientou que esta decisión demostra que «o PSOE está coas persoas e atende as súas necesidades, porque para iso naceu a política e o socialismo».
OUTRAS MEDIDAS
A estas iniciativas de benestar social, Javier González engadiu as últimas aprobacións do organismo provincial en materia de infraestruturas viarias na Pobra. Estas medidas suporán un investimento de 370.000 euros para o acondicionamento dun total de 9 quilómetros de 4 estradas provinciais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

23 adegas participarán na XXXVIII Feira do Viño de Amandi

Seguinte Nova

Medio Rural iniciou en Bóveda o reparto de materiais contra a vespa velutina

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: