•Moita música acompañará a fin de semana da Feira, do 9 ao 11 de marzo •O pregón deste ano estará a cargo de María Cruz Díaz Álvarez, Decana do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Centro e Canarias
• Ás portas de que comece o calendario das feiras enolóxicas no sur da provincia, Chantada abre a tempada coa XXXVI Feira do Viño, nunha cita que reúne a 13 adegueiros. A música será, como cada ano, a gran acompañante do bo viño, nun programa no que tamén haberá un espazo de lecer para os máis cativos.
Con carácter previo aos actos da Feira do Viño, e coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller, o Auditorio de Chantada acolleu un acto reivindicativo do papel da muller na cultura vitivinícola. O evento estivo organizado pola Asociación Polamiúda.
A apertura dos stands da Feira será o venres ás oito da tarde, nunha xornada na que a música virá da man do grupo folk A Roda.

CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE CHANTADA O SÁBADO
A Escola Tradicional de Música de Chantada abrirá cos seus pasacalles o sábado 10 de marzo, aos que se sumarán o Grupo de Zanfoñas da Tradescola de Lugo e as Punkdereteiras. Á unha da tarde, está previsto o tradicional concerto a cargo da Banda de Música de Chantada.

CATA POPULAR O SÁBADO POLA TARDE
A sesión de tarde comezará ás cinco, coa actuación das charangas Garrafon.com e Festicultores, ademais das músicas das Punkdereteiras e do Grupo de Zanfoñas da Tradescola de Lugo. Simultaneamente, terá lugar a III Cata Popular na carpa da Feira, dende as cinco ata as sete da tarde. Xa pola noite, abrirá a festa a orquestra Tango, a partir das nove, seguida pola orquestra Solara.

PREGÓN O DOMINGO Á UNHA DA TARDE
A xornada do domingo 11 de marzo iniciarase cos pasarrúas dos gaiteiros Os Barrios, para dar paso á cata oficial da Feira do Viño. A charanga NBA amenizará o entorno da carpa, e ás doce e media actuará a Banda de Gaitas do Concello de Chantada. Xa á unha, terá lugar a lectura do pregón, a cargo de María Cruz Díaz Álvarez, decana do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Centro e Canarias. A mañá completarase co xantar oficial da XXXVI Feira do Viño de Chantada.
Logo da entrega dos premios, as charangas NBA e Ardores porán a nota musical á tarde do último día da Feira, que rematará coa actuación, a partir das sete, da orquestra Compostela.

OBRADOIROS E OCIOTECA INFANTIL TODA A FIN DE SEMANA
A programación deste ano ofrece aos nenos e nenas maiores de 3 anos unha opción de lecer. A Casa da Música acollerá, o sábado e o domingo, varios obradoiros e actividades de ocioteca infantís, a cargo de Velaísca. Será de doce a dúas polas mañás, e de catro a oito polas tardes.

A FEIRA DE OPORTUNIDADES ESTARÁ NA AVENIDA DE MONFORTE
En paralelo á Feira do Viño, os visitantes poderán beneficiarse de descontos en diversos produtos na X Feira de Oportunidades e IX Mostra de Produtos e Artesanía. Dende as dez e media da mañá do sábado, e durante todo o domingo, a carpa instalada na nova ubicación da Avenida de Monforte contará con 51 postos, nos que se poderán atopar calzado, roupa, artesanía ou alimentación aos mellores prezos.•